Hoxe ás 21horas no auditorio municipal viola, clarinete e piano con Alba González, Spyros Fakiolas e Elisa D`Auria nunha nova xornada do Festival Groba

No marco do Festival Groba a partir das 21 horas no auditorio municipal poderemos escoitar totalmente de balde á Orquestra de Cámara Galega que estará acompañada  á viola con Alba González, ao clarinete con Spyros Fakiolas e ao piano con Elisa D`Auria que acompañarán á orquestra en Concerto para Viola e Orquestra de G.P Telemann, Pecullaridades de R.Groba e Soatiña para piano e orquestra tamén do mestre R. Groba, respectivamente.