A hostaleria de Ponteareas celebra as olimpiadas “Madrid 3036”

MEDIOSFieis ao calendario presentado o derradeiro 11 de febreiro, a Asociación de Hostalería e turismo de Ponteareas, en colaboración coa concellería de comercio que dirixe Marisol Valado, arranca a primeira das actividades proposta para este ano 2014 co obxecto de dinamizar a hostalería de de toda a  vila e o seu  sector comercial e como non podía ser doutro xeito, está a preparar a primeira delas, que terá lugar o primeiro fin de semana de marzo, 1 de marzo, no que chegará o “Entroido” a todos os locais da asociación e que neste ano estará adicado aos “vindeiros xogos olímpicos Madrid 3036”, unha alegoría que dará moito “xogo”  tanto nos disfraces como nas escenografías, para os ponteareáns e todos os que nos visiten nesas datas.

Dende agora mesmo, os hostaleiros xa entrenan, para tal evento e por suposto tratarán de bater a mellor marca no seu medalleiro de clientes, ofrecendo a todos os participantes destes xogos os premios que se merecen como: premio a mellor comparsa, 200 euros en bonos para consumicións nos locais da asociación, sorteos de fin de semana, etc…

Dende a asociación, animamos a todos a competir polos premios, coa alegría e bo humor que estas datas merecen e gozar das “esencias” do olimpismo na ruta temática de pinchos que nesas datas se ofrecerán.