Horarios dos cursos de informática na aula CEMIT do centro social

O Concello de Ponteareas recórdalle á veciñanza que pode participar nos cursos de informática que se ofrecen no Centro Social completamente de balde. Organizados en tres niveis: principiante, nen@s e senior, os usuarios aprenderán dende como encender o ordenador a editar textos, manera follas de cálculo, procurar datos na rede ou realizar videoconferencias con Skype.

O profesor responsable dos cursos, Xesús Álvarez, adianta que o propio alumnado pode suxerir novos temas que lle sexan de interese e utilidade para o seu desenvolvemento diario e que poderán tratar nestas clases de informática (mercar ou vender por internet, xestionar a banca electrónica, aproveitamento dos novos teléfonos smartphones… .

Os cursos organízanse en grupos pequenos adaptándose os contidos aos coñecementos do alumnado. O horario é de luns a venres de 09:39 a 13:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas. 

A aula CEMIT estará aberta ao público en xeral para poder conectarse a internet ou realizar pequenas xestións. 

Tódolos interesados e interesadas poderán obter maior información achegándose ao edificio do Centro Social da rúa Oriente.