Homenaxe a Xosé María Díaz Castro

Recital poético- musical mediosrecital foto

 

 

 

 

Este venres, día 16 de maio, o Concello de Ponteareas homenaxeou a Xosé María Díaz Castro a través dun recital da poesía sobre a obra do poeta homenaxeado co Día das Letras Galegas, grazas o cal os asistentes puideron achegarse ao poeta mediante a poesía e a música, chegando o eu lírico de Díaz Castro ao corazón de todos os asistentes a este acto que tivo lugar no Salón de Sesións da Casa do Concello. Este evento, segundo palabras do concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, vén reafirmar un ano máis o compromiso do Concello de Ponteareas coa lingua e cultura de Galicia, como ben que hai que difundir e promocionar.