Historias viaxeiras para nenos e nenas na biblioteca municipal

A concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista convida a todos e todas as pequenas de 4 a 11 anos a participar nas historias viaxeiras que terán lugar mañá xoves de 18 a 19 horas na biblioteca municipal.

Un espectáculo de narración oral que combina a manipulación do kamishibai (teatro tradicional xaponés que usa o papel) e a técnica lumínica emaki con escenarios despregables pop- up e revisións únicas desta técnica teatral. As historias viaxeiras permitirán descubrir lendas e contos chegados dos diferentes continentes.