A Granxa acollerá mañá, 19 de maio, nas súas instalacións dúas charlas informativas sobre o picudo vermello nas palmeiras, coa colaboración do Concello de Ponteareas

Falarán sobre a praga e o manexo do programa integrado para combatela, o Director de Arbogal2007 S.L., Faustino Veiga, e a Doutora en Bioloxía Berenice Güerri, amais de xerente e responsábel de I+D de Glenn Biotech –spin-off da Universidade de Alacante- nunha primeira charla as 11.00 horas e outra as 17.00 horas.

IMG-20160513-WA0014

Desde hai poucos anos, está entrando con moita forza en Galicia a praga do picudo vermello das palmeiras, infectando e matando a un gran número delas, especialmente, nas Rías Baixas. As palmeiras, a pesar da pouca importancia que se lle dá en moitas ocasións, é unha especie moi común nos nosos parques e xardíns. Ademais, temos na nosa comarca exemplares dun porte e antigüidade considerable que deberíamos tratar de conservar.

A praga do picudo pode levar á practica desaparición da gran maioría das nosas palmeiras. Para evitalo é necesaria unha actuación rápida e conxunta de tódolos implicados: tanto propietarios, administracións coma profesionais do sector.

Nestas conferencias, pensadas especialmente para os profesionais coma xardineiros, viveiristas e xestores, tamés estarán abertas a todos os interesados na temática. Poderán coñecer o problema do picudo vermello e as distintas estratexias que podemos empregar para o seu control.