Gran Premio Minibtt Club Ciclista en Ponteareas

Ponteareas acolle o próximo domingo 21 de maio o Gran Premio Minibtt no Parque da Bouza Vella, en Areas, organizado polo Club Ciclista Ponteareas en colaboración coa concellería de Deportes, xestionada por Benito Márquez.

O evento comezará as 10:30 h. da mañá, e ao rematar haberá sorteos entre tódolos participantes. Pode participar calquera rapaza ou rapaz de ata 14 anos, podendo anotarse ata o mércores anterior á carreira (17 de maio).

Na presentación do evento, o concelleiro de Deportes, Benito Márquez animou “a tódolos veciños a achegarse ata o parque da Bouza Vella para asistir a este importante evento o próximo domingo 21 de maio e disfrutar dun dos deportes máis queridos na nosa vila”.