Gran éxito da III San Silvestre Solidaria de Ponteareas

Q55A7165Ponteareas celebrou con gran éxito de participación a terceira edición da carreira solidaria San Silvestre de Ponteareas que tivo lugar o día 31 de decembro para despedir o ano dun xeito totalmente solidario, recaudándose unha tonelada e media de alimentos non perecedoroiros que foron entregados ao Centro de Reparto de Alimentos de Ponteareas, dependente da Concellería de Servizos Sociais. Esta carreira solidaria, organizada conxuntamente polo Concello de Ponteareas e pola Asociación “Taninos Runners” conseguiu reunir a aproximadamente 600 corredores na categoría de adultos, e na que por vez primeira participaron os nenos, créandose dúas categorías infantís, correndo un total de 120 nenos. A San Silvestre de Ponteareas consolídase, pois, como unha cita obrigada para despedir o ano para os amantes do deporte en Ponteareas, aumentando ano a ano o número de participantes. Tras a proba, todos os participantes puideron repoñer forzas con chocolatada con roscón grazas ás empresas colaboradoras neste evento deportivo.

O Concello de Ponteareas, a través do seu alcalde, Salvador González Solla, e do concelleiro de Deportes, Alberto Novoa Iglesias, quere felicitar á asociación deportiva Tanino Runners pola organización e pola súa implicación e a todos os corredores por participar neste evento deportivo solidario, que demostra que Ponteareas é unha vila solidaria e participativa. Neste sentido desde a Concellería de Servizos Sociais que dirixe Rosa Carrera Álvarez quérelle agradecer á asociación Tanino Runners a oportunidade de poder contar coa súa iniciativa deportiva para poder recaudar esta axuda solidaria; agradecemento extensible a todos os participantes que coa súa contribución conseguiron que esta carreira solidaria sexa un exemplo de como un pobo se xunta para axudar ás persoas que máis o necesitan.