Gran espectáculo de animación de rúa mañá polo centro urbano antes do encendido de Nadal

A Concellería de Cultura e a Concellería de Comercio do Concello de Ponteareas convida a toda a veciñanza a participar nas actividades de Nadal que se abren co encendido do alumeado navideño.

A partir das 17:30 horas a animación de rúa sae da Praza Maior para percorrer coa súa ilusión as rúas do centro da cidade ata chegar ás 18:30 horas á Praza da Música, enriba do auditorio, lugar de encontro para o gran encendido da árbore de Nadal.