O goberno reúnese coa veciñanza de Angoares para falar do proxecto de mellora da seguridade viaria da PO-403

O goberno de Ponteareas reúnese coas veciñas e veciños de Angoares este venres 23 de febreiro ás 20 horas na casa veciñal. 

Nesta reunión, o goberno de Ponteareas trasladará información técnica á veciñanza sobre o proxecto da estrada PO-403 para o que está aberto, nestes intres, o prazo de alegacións.

Goberno e veciñanza falarán do proxecto da Xunta de mellora da seguridade viaria na PO-403 e exporán as posibles alegacións que deberá recoller o proxecto definitivo.

Despois do encontro mantido coa veciñanza de Moreira e de Cillarga, o goberno continúa a súa rolda de reunións veciñais trasladándose a Angoares donde tamén estudarán cuestións como a ampliación das redes de auga e saneamento.