O goberno de Ponteareas entregou os premios do concurso de fotografia “Ponteareas e o Medio Ambiente” convocado no marco da terceira Semana das Ciencias.
O Alcalde e a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, deron as grazas ao xurado formado polos fotógrafos: D. José Manuel Pereira Alconada, D. José Manuel Peixoto Pino, D. Emilio Rodríguez Otero e Da. Silvia Mella Alonso; así como ao profesorado e alumnado que colaborou no desenvolvemento desta terceira edición da Semana das Ciencias.
Setenta traballos presentados a este primeiro concurso de fotografía avalan o éxito desta iniciativa da Concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández.
Os e as gañadoras do concurso fotográfico “Ponteareas e o Medio Ambiente” foron:
TERCEIRO PREMIO PARA: Alessandra González Campo alumna do CEIP Fermín Bouza Brey coa fotografía “A AUGA DO MENCER”.
SEGUNDA PREMIADA: Carmen Covelo Méndez alumna do CEIP Feliciano Barrera de Guláns con “LUME NUNCA MAIS”.
PRIMEIRO PREMIADO: Yerai Lamas Cuña, alumno do CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas coa fotografía “Lixo no Tea”