O goberno de Ponteareas subvenciona por vez primeira ás e aos deportistas individuais de alto nivel

O concello de Ponteareas vai publicar as bases de axudas a deportistas de alto nivel para o ano 2018. Por vez primeira os deportistas individuais que non compitan baixo a estrutura dun club deportivo terán opción a unha axuda por parte do concello.

O concelleiro de Deportes, o socialista Benito Márquez, explica que todos e todas as deportistas ponteareás de alto nivel optarán a esta bolsa que pretende facilitar aos e ás deportistas de elite a práctica deportiva e a súa participación nas competicións de alto nivel, acadando así valorar a súa especial dedicación ao deporte e á súa vez á difusión que realizan da vila de Ponteareas en aqueles eventos deportivos de carácter nacional ou internacional.

As bolsas consistirán nunha cantidade en metálico e a contía máxima destinada a esta convocatoria é de 8.000€ con cargo aos presupostos do Concello de Ponteareas, para o exercicio 2018.

No caso de presentarse máis solicitudes que cumpran os requisitos nestas subvencións do que presuposto existente (8000 €) outorgaranse a aqueles deportistas que participasen nunha competición de maior importancia, quedando o resto como “suplentes”.

Esta subvención que, é compatible con calquera outra que se reciba das distintas administracións, nace coa intención de formalizar un compromiso máis co deporte pontearéan e coa previsión de que sexa unha convocatoria estable acorde ás necesidades que se vaian prantexando.

“Conscientes da existencia de deportistas que compiten en disciplinas nas que non teñen a cobertura dos clubs, esta concellería quixo por a primeira pedra para un compromiso que garanta a igualdade de apoios e oportunidades xa que sabemos o esforzo e dedicación que supón a práctica deportiva a estes niveis e os gastos de desprazamentos e equipamentos que en moitas ocasións as familias non poden sufragar, tendo agora con esta axuda un pequeno apoio”.

http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2018/03/APROBACIÓN-DAS-BASES-DE-AXUDAS-A-DEPORTISTAS-DE-ALTO-NIVEL-2018.pdf

 

 

http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2018/03/APROBACIÓN-DAS-BASES-DE-AXUDAS-A-DEPORTISTAS-DE-ALTO-NIVEL-2018.pdf