Galway e Ponteareas unidos un ano máis

O Alcalde de Ponteareas acompañado da concelleira de Mocidade Verónica Carrera, da de Cultura Hortensia Bautista e do concelleiro de Medio Rural Manolo Troncoso, recibiron aos quince alumnos irlandeses procedentes do  Centro Archbishop McHale College de Tuam, en Galway, que participan co alumnado ponteareán no proxecto Erasmus + “Endangered languages, cultural diversity and integration in the EU of the 21st century”, de financiación europea.

No encontro no que non puido estar a concelleira de Ensino, Cristina Fernández, ao atoparse en Cambridge nunhas xornadas internacionais sobre acompañamento de menores inmigrantes, agasallóuselles produtos típicos da gastronomía ponteareá e información sobre o patrimonio natural e histórico da cidade. 

Dende o ano 2015 Ponteareas o alumnado dos institutos de Ponteareas traballan en conxunto cos irlandeses apoiados por ferramentas TICs que facilitan o día a día desta gran empresa unida na búsqueda dos elementos lingüísticos comúns.