“Flipa cos contos” achegará historias e música á biblioteca municipal

A biblioteca de Ponteareas acolle este xoves día 19 ás 18:00 horas a actividade “Flipa cos Contos” da compañía Bandullo Azul. Esta iniciativa que está organizada dentro do programa “Ler conta moito”, ofrece unha viaxe polos contos tradicionais e o repertorio infantil de Carlos Casares amenizado con música e cancións en directo. 

A actividade está dirixida para cativos e cativas a partir de tres anos e é totalmente de balde.