Fin do Entroido en Ponteareas co enterro da sardiña

enterroO enterro da sardiña puxo fin onte á noite  ao balbordo, alegría e colorido do Entroido, que durante varios días se viviu en Ponteareas. As choronas e outros membros da comitiva, así como numerosos veciños, asistiron ao velorio diante da Casa do Concello para procesionar seguidamente polas rúas de Ponteareas, acompañando á sardiña e dándolle o seu último adeus e facendo a derradeira viaxe polas rúas, que días antes se encheran de alegría carnavalesca, entre os choros e as lamentacións das plañideiras e entre os rezos de despedida dos acompañantes para na Praza Maior ser queimada ante a mirada apesarada da comitiva.