Onte as 17 horas no auditorio Reveriano Soutullo tivo lugar a celebración da clausura do curso 2013-14 na que se despiden aos alumnos do primeiro nivel de educación infantil.
O acto contou coa presenza do alcalde Salvador González acompañado pola Concelleira de Servizos Sociais-Atención Primaria Marisol Valado e membros da corporación, así como polo persoal docente do centro.
A concelleira Valado, deulle a benvida aos pais e nais do 64 nenos e nenas, que no presente ano cumpren os 3 anos de idade, “agradecendo a súa confianza na nosa escola infantil municipal, para o coidado e formación de seus fillos e fillas, facéndonos partícipes no seu desenrolo”.
Nun ambiente moi lúdico e festivo amenizado polo pallasos, tivo lugar a proxección dun dvd con imaxes de todos os nenos e nenas, nalgúns momentos das actividades que fixeron o longo da súa estadía no centro, para posteriormente proceder a entrega dos diplomas aos nenos e nenas na súa “primeira graduación”. Moitos deles levan na escola dende bebés.
Valado, tamén tivo verbas de agradecemento para os traballadores da escola, polo seu esforzo e adicación e pola súa eficaz labor, Animounos a seguir exemplarizando a súa vocación, para que tanto os nenos e nenas que continúan na escola, como os que virán por primeira vez teñan un fermoso recordo do centro
Pola súa banda o alcalde Solla destacou que “dende o Concello de Ponteareas e dende este equipo de goberno temos claro que un dos principias servizos sociais a manter e protexer é o adicado aos nosos pequenos e pequenas, non deixando de facer os esforzos económicos necesarios que garantan a continuidade da escola infantil municipal”.
Mención especial tamén por parte do alcalde e da concelleira, para a directora pedagóxica da escola Elena Rodríguez, que neste mes remata os seus servizos, por acceder a súa xubilación, recibindo de mans do alcalde un ramo de flores e un diploma de recoñecemento, como proba do seu bo facer profesional e da súa calidade humana, postas de manifesto o longo dos anos que exerceu a súa labor como pedagoga, deixando un cariñoso recordo para todos aqueles nenos, hoxe non tanto, que pasaron pola escola.