Festival “Ponteareas en Danza”, este sábado, na Praza Maior

Tripticos Setembro ok.cdrO Festival “Ponteareas en Danza” terá lugar o sábado, día 13, na Praza Maior, aproximadamente sobre as 21 horas, tras a celebración do Festival Folclórico do Condado na Praza Maior. Os participantes do festival “Ponteareas en danza”, organizado pola sección de danza do Centro de Música Moderna de Ponteareas, amosarán as súas preciosas coreografías ante o público da Praza Maior.