O concelleiro de Cultura de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, anima a todos os nenos e nenas de Ponteareas, xunto cos seus pais, a vivir unha xornada lúdica para celebrar a festa do Samaín. Esta festa terá lugar mañá, día 30 de outubro, a partir das cinco e media da tarde, na Praza da Perillana, onde haberá animación infantil, a cargo de Carcajadas Show, obradoiros e xogos, entre outras actividades. Celebrarase tamén un magosto no que se poderán degustar gratuitamente castañas, nun ambiente festivo con ambientación musical, que terá como colofón o lanzamento de dous globos de papel conmemorativo, que asombrará a grandes e pequenos.
O edil de Cultura quere, así mesmo, darlles as grazas ao persoal do Departamento de Cultura e a todos os establecementos que colaboran en facer posible esta festa para goce de todos os ponteareáns.