Festa do Espantallo, o venres 8 de maio

festa do espantallo (1)O venres día 8 de maio, a partir das 17.00 horas, celebrarase unha gran festa do espantallo que pretende pór en valor este elemento tradicional do rural da comarca. A actividade terá lugar na Praza da Perillana.

Os cativos poderán gozar dun obradoiro de maquillaxe e debuxarán elementos da horta. Ademais, cada neno recibirá unha pranta de regalo.

Haberá animación infantil a cargo do grupo “Carcajadas” e como remate da festa unha merendola para todo o nenos e nenas que participen.

O concelleiro de Cultura, Andrés Sampendro Fernández, invita a todos os nenos e nenas do concello a participar e tamén a visitar a exposición de espantallos realizada polos nenos de infantil dos colexios colaboradores: Santiago Apóstol, A Inmaculada, Fermín Bouza Brey, C.E.I.P Santiago de Oliveira, C.E.I.P de Guláns e das escolas unitarias do Centro Rural Agrupado (CRA).