Festa das castañas na escola infantil de Ponteareas

 

Coa chegada do outono, a tradición di que hai que celebrar o magosto. Tradición que según algúns, remóntase a tempos dos celtas, que o celebraban no monte arredor do lume. Na  actualidade, en Ponteareas, co gallo de festexar a chegada do outono, a Escola Infantil Municipal, organizou un magosto no que participaron, ademais dos nenos, os pais, nais e outros familiares xunto co pesonal técnico do centro. O acto, contou tamén coa presencia da concelleira de servizos sociais-atención. primaria Marisol Valado.

 

MAGOSTO ESCUELA INFANTIL 2014Os nenos e nenas, reuníronse no patio da escola, co fin de participar, na maioría dos casos, no primeiro magosto da súa breve vida. A pesar de teren aprendido, os conceptos básicos desta antiga tradición, a través das explicacións previas, das súas educadoras, os cativos e cativas observaban con curiosidade todo o que alí acontecía.

Antes de chegar a exultante fase de degustación das castañas, os nenos, fixeron coa axuda dos adultos, unha caixiña garda-castañas, feita cun bote de iogur, decorado cun debuxo da “castañiña”, no que logo meteron as castañas.

No momento propio da festa, os adultos compartirán a tradición do magosto xunto cos nenos e nenas, pelándoas e pintándose con elas. Na proba das castañas, as reaccións foron dispares, algúns se viron sorprendidos polo seu sabor doce, outros non pareceron moi conformes coa súa textura, mentres que aqueles que xa as coñecían e lles gustaban, deron boa conta delas,  compartíndoas cos adultos o son da música.

A concelleira Valado, destaca que: “con este tipo de actividades, achégase a escola as familias, participando, compartindo a ledicia dos nenos e nenas, e gozando das tradicións e dos elementos propios, do seu entorno natural”.

 

Logo,  tocoulle a quenda ós xogos, que todos disfrutaron co mesmo humor e as mesmas ganas.

Para rematar, todos e todas satisfeitos bebemos auga e despedimos os familiares.  Foi unha xornada moi entretida onde, as risas e a ledicia foron as características xerais.

 

Un divertido final, para un día especial, que sen dúbida, terá unha continuidade, dentro da axenda anual do centro. Ata o ano que ven Magosto!!!