A FANPO pecha a V edición das Xornadas de Teatro

A Federación de ANPAS de Ponteareas (FANPO) pecha a quinta edición das xornadas de teatro “Achegando o teatro aos nen@s da man das Anpas” logo de doce funcións agasallando pezas teatrais a todos os centros educativos das comarcas de Condado, Louriña e A Paradanta.

En colaboración coa Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas os escolares de infantil desfrutaron da obra “Canta Connosco” de Migallas e os de primaria da obra “Un avó especial” mentres que os de secundario achegáronse ao teatro dan man de Thalía Teatro coa obra “Pelos na lingua”.