Familias Azuis ofrece formación para familiares de persoas con autismo

A concellaría de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, convida a participar na charla “Unha familia con autismo na miña familia” organizada por Familias Azuis en colaboración con Autismo Galicia e co apoio do Concello de Ponteareas. Esta formación está dirixida a familiares de persoas con autismo e terá lugar mañá venres de 16  a 20 horas na sala de conferencias do auditorio municipal. 

A psicóloga Cristina Couto Pena, de Autismo Galicia, falará coas e cos participantes das súas experiencias, do apoio no fogar, dos recursos e das axudas ás que poden optar.

A formación será presencial e as persoas interesadas poden inscribirse no enderezo electrónico formacionesfamiliasazuis@hotmail.com