Esta tarde ás 20:30 horas o concello de Ponteareas inaugura as xornadas da cultura galego-portuguesa Ponte a Portu-Gal coa apertura da exposición “Historia dunha emigración difusa. 500 anos de emigración a Lisboa”.
Mañá venres 27 ás 20:30 horas no centro cultural de Guillade proxección do documental “Galegos en Lisboa. A historia xamais contada” de Xan Leira.
O sábado día 28 no centro urbano ruada da treboada do Baixo Miño e ás 22 horas no auditorio municipal concerto de Najla Shami e a continuación concerto de María do Ceo.
O domingo día 29 ás 19 horas no centro urbano ruada do grupo folclórico Barcelinhos e ás 20 horas no auditorio municipal concerto do grupo folclórico Barcelinhos e Voces do Arrieiro.