A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas agradece aos vintecinco participantes na exposición da Camelia o seu bo traballo e a súa intensa colaboración permitindo que durante dous días veciñanza e visitantes puideran desfrutar dunha exposición con composicións florais creativas e fermosas.
Os centros florais tanto das achegas individuais como dos paticipantes no obradoiro da camelia puideron ser admirados por todos e todas as que se achegaron ao salón de plenos do concello.
A concelleira nacionalista Hortensia Bautista fai un balance positivo desta mostra que tivo moi boa acollida e contou cun alto nivel de participación.