Éxito rotundo dos representantes ponteareáns nos Campionatos Galegos de wushu

A Asociación Deportiva Wudang pecha a súa participación con 8 medallas de ouro, unha de prata e dous bronces

 A Asociación Deportiva Wudang de Ponteareas vén de pechar a súa participación nos Campionatos Galegos de Wushu celebrados no Pavillón de Ourense, cun éxito rotundo ao acadar un total de once medallas ─oito ouros, un bronce e dúas pratas─ nas distintas especialidades que compoñen esta disciplina deportiva.

As medallas acadadas polos deportistas ponteareáns quedaban distribuídas do seguinte xeito:

Belén Arjones

Medalla de ouro en Nanquan femenino senior e medalla de ouro en Nandao feminino senior

Jacobo Mo:

Medalla de ouro en Nanquan masculino senior e medalla de ouro en Nangun masculino senior.

Maikel Cuña:

Medalla de prada en Nanquan masculino senior e medalla de bronce en Nangun masculino senior.

Paula Sotelino:

Medalla de ouro en Chanquan femenino junior e medalla de ouro en Daoshu femenino junior.

Lorenzo Rivera:

Medalla de bronce en Nanquan masculino senior.

Sergio Vázquez:

Medalla de ouro en Changquan masculino junior

Xes Argüelles:

Medalla de ouro en Nanquan masculino infantil.

O éxito da Asociación Deportiva Wudang en Ourense non fai máis, “que amosar o bo estado de saúde que ten o deporte ponteareán nas súas distintas especialidades”, sinala o concelleiro de Deportes do Concello de Ponteareas, Benito Márquez.

Márquez chama a atención sobre o feito de que o municipio do Tea “conta con deportistas que, ben incluídos en clubs ou ben con participacións individuais, están a un altísimo nivel e así o demostran en todas as competicións nas que participan”.