Éxito de visitantes este domingo en Couso no Belén Vivente, mercado tradicional e ruta dos oficios.

o Concelleiro de Cultura cos pastoresBelén de Cousoruta dos oficios- CousoNumerosos veciños achegáronse este domingo, día 28 de decembro, a Couso, en Guláns, Ponteareas, para contemplar do Belén vivente, mercado tradicional e ruta dos oficios nos que se puido gozar da exhibición de oficios tradicionais, traballos da época do Nadal, como a matanza do porco, ou outros oficios, como o de panadeira, etc, folclore de Nadal, como os ranchos de Reis, así como o Belén no que participaron numerosos veciños do lugar para darlle vida. Así mesmo, houbo exhibición e venda de produtos ecolóxicos.

O concelleiro de Cultura do Concello de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, felicitou á asociación San Martiño de Couso e aos seus colaboradores pola organización deste evento, destacando a importancia deste tipo de iniciativas que contribúen á difusión da cultura e dos oficios tradicionais de Galicia. Así mesmo, destacou que o Concello de Ponteareas seguirá colaborando, como fixo nesta edición, en todo aquilo que sexa necesario e anima a que continúen con esta iniciativa tan exitosa.