Éxito de participación na marcha de regularidade e andaina solidaria

O goberno de Ponteareas destaca a alta participación tanto na marcha puntuable para o Open de Andainas de Regularidade “Ponteareas 25qm” como na andaina solidaria celebrada a pasada fin de semana co obxectivo de recadar o maior número de produtos alimentarios para o banco de alimentos local.

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, agradece aos participantes a súa implicación e solidariedade facendo posible unha xornada deportiva e social na que descubriron recunchos naturais con encanto.