Éxito de participación nos II Xogos Florais de Ponteareas

A Concellería de Cultura, que dirixe a nacionalista Hortensia Bautista, entregou esta fin de semana os premios do II Certame de Poesía que se enmarca dentro da programación dos Xogos Florais.

Os gañadores na categoría xuvenil foron Valeria Estévez, Sara Iglesias, Alejandro Paz e Roberto Tato.

Na categoría de adultos os gañadores resultaron ser Isabel Blanco, Francisco Castro, Fátima Domínguez e María Josefa Roca.

Ademais de poesía, nos segundos Xogos Florais tamén houbo lugar para a música de corta.

Esta segunda edición dos Xogos Florais contou con máis participantes, dende a Concellería de Cultura seguirán a apostar por esta actividade na que se promove a creatividade e a diversificación da actividade cultural fomentando o gusto polo xénero literario da poesía acompañado de música que sempre acompaña cada edición.

Os Xogos Florais están concebidos para ao través do xénero lírico potenciar e normalizar o uso do noso idioma e dar a coñecer a poesía de novos autores galegos así como descubrir novos talentos.