Alta participación da veciñanza en San Mateo nas xornadas de prevención e rehabilitación do solo afectado polo lume

Éxito de participación vecinal na xornada organizada pola Asociación de Veciños San Mauro para a prevención e rehabilitación do solo afectado polo lume no que intervino técnicos expertos forestais que explicaron as mellores medidas para a recuperación da vexetación e dos solos arrasados. 

Os técnicos encargados de trasladar á veciñanza as mellores medidas de prevención e de actuación foron: Francisco Gonzalez Carracedo, enxeñeiro técnico agrícola; Carlos Rial Suarez, director xurídico de Eurosiniestro; Felipe  Viso Castel, director comercial de Eurosiniestro, Hugo Ferreiro Davila, perito de Valing Pericial, Rosario Domínguez (Responsable do sindicato labrego) e Ana Vazquez (Xerente de Alecrín). Tamén interviú a bióloga e coordinadora do voluntariado ambiental municipal de Ponteareas (Volotea) Rosa Covelo.

O goberno de Ponteareas colaborou na xornada á que asistiron o Alcalde, Xosé Represas e a Tenente de Alcalde, Chus Garrote.