Éxito contundente dos representantes ponteareáns no Campionato de España de wushu

A Asociación Deportiva Wudang pecha a súa participación con cinco medallas de ouro, dúas pratas e cinco bronces

A Asociación Deportiva Wudang de Ponteareas vén de pechar a súa participación no Campionato de España de Wushu celebrados no Pavillón do CSD en Madrid.

As medallas acadadas polos deportistas ponteareáns quedaban distribuídas do seguinte xeito:

Paula Sotelino:

Medallas de ouro nas categorías de Changquan junior e Gunshu junior, así coma bronce en Daoshu junior.

Jacobo Mo:

Medalla de ouro na categoría de Nandao absoluto promoción e bronce en Nanquan absoluto promoción.

Maikel Cuña:

Medalla prata en Nanquan absoluto promoción, e bronces en Nandao absoluto promocion e Nangun absoluto promoción.

Belén Arjones:

Medallas de ouro nas categorías de Nanquan absoluto promocion e Nangun absoluto promoción, así comoa prata en Nandao absoluto promoción.

Sergio Vazquez:

Medalla de bronce na categoría de Changquan junior 

Benito Márquez salienta “o enorme estado de forma das e dos deportistas da Asociación Wudang, que fai unhas semanas acadaban xa numerosas medallas nos campionatos galegos”. Amais, o edil de Deportes destacou “o enorme traballo que hai detrás, sen o que é imposible chegar a ese óptimo nivel de forma”.