Éxito do concerto infantil e familiar “Toc Toc”, de Pablo Díaz, este sábado en Ponteareas.

MediosPreto de 300 asistentes gozaron do concerto de Pablo Díaz “Toc Toc” este sábado no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas.

Esta actividade gratuíta promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Concello de Ponteareas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, congregou a preto de 300 asistentes que puideron gozar de cancións nas que se mesturaba rock, pop e folk, convertendo o concerto nunha festa na que os nenos e nenas, e tamén pais, cantaron e deixáronse levar polas cancións que cantaban á amizade, á alegría ou ao ecoloxismo.

O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, agradeceulles ás familias a súa asistencia para facer posible que este concerto fose un éxito.