Exhibición de boxeo infantil na Praza Maior

Este domingo día 16 de setembro ás 18:00 horas a praza Maior de Ponteareas acollerá unha exhibición de boxeo infantil a cargo da escola de boxeo de Marín. 

Esta actividade será o punto de arranque das clases de boxeo infantil que se impartirán na complexo deportivo Álvaro Pino todos os luns e mércores de 16:15 a 18:30.

Para dar a coñecer este deporte a organización ofrecerá clases gratuítas durante a segunda quincena do mes de setembro así que todos os cativos e cativas que desexen coñecer esta disciplina deportiva tan só teñen que achegarse ás instalacións da piscina e probar.

O boxeo infantil, no que non se produce contacto físico, mellora a coordinación, fomenta a actitude da disciplina, mellora a autoestima, a saúde cardiovascular e incrementa a masa ósea, entre outros beneficios.

A exhibición foi presentada polo concelleiro de Deportes, Benito Márquez, polo deportista Alex “Ciclón” Barros e Mario Domínguez, responsable da organización. 

Os e as participantes serán adestrados polo boxeador profesional Alex “Ciclón” Barros. 

O concelleiro de Deportes convida a toda a veciñanza a desfrutar deste espectáculo deportivo na tarde do domingo.