Este vernes a mocidade gozará co slackline

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, que dirixe Verónica Carrera convida a toda a mocidade a participar na actividade de street workout organizada dentro do programa “Mocidade Viva”.

Este venres día 26 a partir das 18 horas no parque Ferro Ucha cita coa modalidade de slackline, un deporte de equilibrio no que se usa unha cinta enganchada entre dous puntos fixos e moi tensa que permite camiñar e facer todo tipo de execizos sobre esta delgada superficie plana.