Este venres a mocidade ten unha cita co parkour na Feira Vella

Verónica Carrera, concelleira de Mocidade, Igualdade e Benestar Social, convida a toda a mocidade a participar na actividade de parkour que este venres día 10 terá lugar no parque da Feira Vella de 18 a 21 horas para un máximo de corenta participantes. Ao igual que para o curso de busca de emprego, poderase obter máis información na OMIX ou non teléfono 672 105 468.