Este venres 15, rastrexo nocturno para a mocidade en Ponteareas

Este venres 15, rastrexo nocturno para a mocidade en PonteareasAberto o prazo para participar no RasTEA2, unha actividade dirixida a persoas de 12 a 30 anos e que se realizará no parque da Feira Vella

 

Chega unha nova sesión do RasTEA 2 a Ponteareas, o rastrexo urbano nocturno que o Concello organiza para a mocidade de 12 a 30 anos. Este venres 15 de outubro o parque da Feira Vella acollerá unha nova actividade deste programa no que rapaces e rapazas divididos en grupos de 4 a 6 persoas deberán ir enfrontándose a diferentes probas de habilidade, puntería… Con esta nova cita retómase o RasTEA 2 que tivera que adiarse o pasado mes de setembro a causa da choiva.

 

As persoas interesadas en participar poden inscribirse en grupo ou de xeito individual enviando un correo a mocidadeviva@ponteareas.gal ata este martes 12 de outubro. A organización encargarase de facer grupos para aquelas persoas que se inscriban de xeito individual. Para facilitar a participación de todos e todas, nesta ocasión haberá dúas quendas de saída e os e as menores de 16 anos deberán estar acompañados no grupo por un maior de idade que sexa o responsable.

 

Trátase dunha “forma divertida e diferente de desfrutar cos amigos e amigas e de coñecer Ponteareas dun xeito único”, asegura o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, que anima a todos os rapaces e rapazas a participar na actividade. RasTEA forma parte do programa Mocidade Viva, unha iniciativa coa que o Concello busca ofrecer unha programación de actividades alternativas, saudábeis e seguras para mozos e mozas.