Este San Xoán coñece e recolle as plantas aromáticas desta data tan sinalada co Concello de Ponteareas

Este San Xoán coñece e recolle as plantas aromáticas desta data tan sinalada co Concello de PonteareasAberta a inscrición para participar na charla e ruta guiada o vindeiro 23 de xuño ás 19.00 horas

 

A Concellaría de Cultura pon en marcha a actividade ‘As plantas aromáticas no ritual de San Xoán’, unha xornada na que as persoas interesadas poderán coñecer e recoller as plantas empregadas nesta noite tan sinalada do ano.

 

A actividade desenvolverase na carballeira dos Candeira, en Celeiros, o vindeiro mércores 23 de xuño a partir das 19.00 horas. As persoas participantes poderán desfrutar nunha primeira parte dunha charla lúdica e didáctica a cargo de Marcelo Rodríguez, de Faia Educación Ambiental. Ao rematar haberá unha ruta guiada para recoñecer e recoller estas herbas e plantas ventureiras.

 

O evento contará con prazas limitadas a un máximo de 20 persoas, polo que é imprescindíbel inscribirse previamente a través do correo electrónico auditoriomunicipal@ponteareas.gal.