Este sábado o Auditorio Reveriano Soutullo será o escenario do Acto de lectura do Pregón do Corpus Christi de Ponteareas, ano 2014, a cargo de Rafael Sánchez Bargiela.

RafaEste sábado, día 14 de xuño, ás 21:30 horas, Rafael Sánchez Bargiela, actual xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, será o encargado de dar lectura ao Pregón das Festas do Corpus Christi de Ponteareas, ano 2014, acto que abrirá oficialmente as Festas do Corpus Christi ponteareán.

Ao mesmo tempo, renderáselle homenaxe a José Guillermo Souto Souto, fotógrafo ponteareán, que leva plasmado Ponteareas e o Corpus Christi ao longo de todo unha vida. Fotos que son recollidas nunha exposición fotográfica, situada no hall do Auditorio Reveriano Soutullo, baixo o título “Historia viva de un fotógrafo de calle”.