Este sábado goza da retranca do humorista galego Sergio Pazos

Este sábado dia 19 de decembro ás 20 horas poderemos gozar do espectáculo “Rebento se non o conto” de Sergio Pazos. A concellaria de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a desfrutar deste monologuista que se atreve nesta actuación a analizar unha realidade tan próxima e tan afastada como a que conforma España, os seus tópicos, as súas mentiras piadosas e as súas medias verdades coa ironía como único bisturí. 

No seu percorrido retranqueiro desta realidade reflexionará sobre os monólogos e de por que el non os fai (ou si), sobre xeito de sermos os galegos e sobre a idiosincrasia de Mariano Rajoy (que é galego ao 100%). Tamén esmiuzará a apocalipse, os recortes e, sobre todo, falará da crise: na Casa Real, dos políticos, do goberno, entre outras cousas. 

O público poderá adquirir as súas entradas dende as 18: horas do sábado 19 no propio auditorio municipal de Ponteareas. 

Esta actuación enmárcase dentro da programación estable que ofrece a concellaría de Cultura e enmarcada no convenio con AGADIC.