Este sábado concerto de Guadi Galego, premio Martín Códax en canción de autor

Enmarcado na programación cultural e festiva do mes de setembro este sábado día 26 poderemos gozar, totalmente de balde, do concerto de Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena galega e premio Martín Códax 2016 en canción de autor. 

En Ponteareas, no parque da Feira Vella, poderemos gozar ás 22 horas dos temas do seu último disco Inmersión e tamén dos seus temas máis afamados. As persoas interesadas poderán reservar entrada en i.gal/concertoguadi