Este sábado aprende e goza do espectáculo da choiva de estrelas no Castro de Troña

A concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a participar na visita ao Castro de Troña para visionar as Perseidas e constelacións. Este sábado día 8 poderemos gozar desta chuvia de meteoros e a visións das constelacións a partir das 22:30 totalmente de balde. Con aforo só para trinta persoas, os e as interesadas deberán inscribirse no enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.gal ou no número de teléfono 618 705 639. Ven e goza da visión telescópica e das explicacións astronómicas nunha noite na que deixarse levar polas estrelas.