Este domingo Ponteareas homenaxea ás súas mulleres

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, que dirixe Verónica Carrera, convida a toda a veciñanza a participar no acto de homenaxe á muller que terá lugar este domingo día 17 ás 18 horas no auditorio municipal.

Dezaoito mulleres subirán ao escenario do auditorio municipal para recibir un recoñecemento pola súa traxectoria, pola súa dedicación e pola súa tenacidade en demostrar a diario que as mulleres poden ser todo o que queiran ser.

En colaboración cos colectivos veciñais e sociais, Verónica Carrera, quere unha vez máis destacar a aquelas mulleres que deixar unha especial pegada no seu entorno.

Nesta nova edición da homenaxe á muller, destacarase ás “mulleres de ouro de Prado”, a unha alfombrista, a unha das primeiras mulleres en ter un bar, ás mulleres que loitan a diario coas enfermidades mentais ou ás primeiras mulleres da banda de música de Xinzo, entre outras homenaxeadas.

O pianisto Roberto Tato agasallará ás mulleres dúas pezas intrepretando a suite bergamasque “Claro de Luna” de Debussy para a apertura e para o momento da clausura o liebestraum nº 3 “Sueño de amor” de Franz Liszt.

Ao remate deste acto, Artesa Teatro tomará o escenario para interpretar a obra “Chola a it girl” ás 19 horas.

Verónica Carrera considera indispensable seguir concienciando e investindo folgos en prol da igualdade para erradicar costumes e actitudes propias da sociedade patriarcal que aínda latexa no día a día.