Este domingo Ponteareas celebra o día da infancia

A concellaría de Benestar Social convida ás familias a participar sempre respectando as medidas de seguridade sanitaria e distancia

A concellaría de Eventos, que dirixe a alcaldesa en funcións Cristina F. Davila, organiza o día da infancia con actividades refrescantes e moita creatividade.

O domingo día 9 Ponteareas renderá homenaxe aos seus veciños e veciñas máis cativos e cativas cun tobogán acuático e un obradoiro de pompas, pondo fin ao día cun espectáculo de pompas de xabón.

Esta xornada está pensada para compensar á infancia polo seu bo comportamento durante a dura etapa do confinamento. Sabemos o moito que lles preocupa aos máis pequenos e pequenas a saúde dos seus familiares e que viven pendentes das normas de seguridade tendo un comportamento exemplar”.

Cristina F. Davila explica que estas actividades foron demandadas polos nenos e nenas nos procesos de participación infantil abertos que teñen como obxectivo crear un concello mais amigable coa infancia. “Estas peticións foron manifestadas polos participantes no Pleno Infantil celebrado o pasado mes de xuño. Deste xeito, queda cumprido o compromiso acadado con eles”.

Así, de 11 a 20 horas o super tobogán tomará a rúa Braña para refrescarse do xeito máis divertido. Ás 20 horas a festa continuará no parque da Feira Vella donde terá lugar o obradoiro de pompas que culminará cun marabilloso espectáculo de xigantescas pompas ás 22:30 horas.

A concellaría extramará as precacucións establecendo un estricto protocolo de desinfección, toma de temperatura e acceso ás actividades.

Grazas ao traballo participativo coa mocidade e coa infancia Ponteareas posiciónase máis perto do recoñecemento de Unicef como cidade amiga da infancia.