Este domingo os pedais toman as rúas do centro urbano co Gran Premio de ciclismo Festas de Setembro

A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, arrouparon ao Club Ciclista Ponteareas na presentación da carreira “Gran Premio Festas de Setembro” na que estiveron Marcos Porto Isla, presidente do Club Ciclista Ponteareas, e Anxo Pregal Amil, monitor.

O Gran Premio terá lugar este domingo día 15 de setembro a partir das dez da mañá.

Nahir Covelo anima a toda a cidadanía a encher as rúas de Ponteareas para aplaudir aos máis de douscentos ciclistas que participan chegados de clubs de cliclismo de toda Galicia.

En categoria masculina e feminina pedalearán cativos e cativas dende Promesas, Principiantes, Alevíns e Infantís e tamén mozos e mozas nas categorías Cadetes e Junior.