Esta tarde reunión participativa coa veciñanza da rúa Fernández Vega e da rúa San Roque

O goberno de Pontearas lembra que esta tarde manteranse distintas reunións coa veciñanza da rúa Fernández Vea e rúa San Roque para adiantarlles os diferentes proxectos que se acometerán na súa zona financiados polo fondo europeo de desenvolvemento rexional da Unión Europea dentro da estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable”.

En concreto ás 18:30 horas na sala multiusos do auditorio os técnicos encargados do proxecto acompañados do goberno trasladarán á veciñanza o proxecto de intervención do entorno entre o auditorio e a entrada principal do mercado municipal. A veciñanza desta zona poderá aportar e suxerir neste encontro participativo no que se deseñará o futuro deste punto no que conflúe un importante número de poboación.

Ás 20:30 horas será o momento de explicar á veciñanza da rúa San Roque o proxecto de humanización que coñecerán da man dos técnicos e do goberno, dispostos a escoitar as súas achegas e traballar xuntos no deseño.