Esta semana comezan as demostracións de billar no Colexio Plurilingüe Santiago Apóstol

A escola de billar Sportivo de Ponteareas coa colaboración da Federación Galega de Billar e a Asociación Galega de Pool (AGP) están facendo unha xira polos colexios co fin de ensinar unha disciplina descoñecida e na que Ponteareas é unha potencia con xogadores campións de España, Galegos e ata sete xogadores ponteareáns participaron en diversos Campeonatos do Mundo como en Las Vegas (EE.UU) ao longo de todos estes anos de competición.

Este é o primeiro dunha extensa lista de colexios nos que van facer demostracións de billar para nenas e nenos de todas as idades os monitores federados da Escola de Billar Sportivo.