Mañá martes cuarta xornada do Festival Groba coa Orquestra de Cámara Galega, á viola Alba González, ao clarinete Spyros Fakiolas e Elisa D`Auria ao piano

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Na cuarta xornada do Festival Groba mañá martes poderemos escoitar a partir das nove da noite e totalmente de balde á Orquestra de Cámara Galega que estará acompañada  á viola con Alba González, ao clarinete con Spyros Fakiolas e ao piano con Elisa D`Auria que acompañarán á orquestra en Concerto para Viola e Orquestra de G.P Telemann, Pecullaridades de R.Groba e Soatiña para piano e orquestra tamén do mestre R. Groba, respectivamente.

ALBA GONZÁLEZ

Membro do cuarteto de corda “Diogenes Quartett” desde 2013, Alba González i Becerra combina a súa actividade profesional dentro do cuarteto coa difusión e ampliación do repertorio para viola.

Compositores como Francisco Goldschmidt e Pierre-Dominique Ponelle dedicáronlle tanto obras solísticas como obras de música de cámara. Entre outras citar, “Talla” (2018) para só viola e resonancias de piano, ou “Mirándoa desaparecer…” (2016/2017) para só viola e resonancias de piano e o trío “Como restos dun naufraxio e insolencia…” (2017) para violín, viola e piano.

Nesta liña de implicación coa música contemporánea, Alba é membro tamén do grupo instrumental ” Kommas Ensemble”, especializado en confrontar obras clásicas do repertorio contemporáneo con estreas de compositores novos de proxección internacional.

Como novo artista membro da fundación Vila Música (Alemaña) entre os anos 2013 e 2016, Alba colaborou con Lynn Harrell, Sayaka Shoji, Bernd Glemser, Agustin Dumay ou Boris Garlitsky. Doutra banda, dentro do campo da música antiga, comparte escenario con Reinhard Goebel no Reingau Festival e realiza unha gravación de distintas obras de cámara de W.A.Mozart con Midori Seiler para as radios SWR (Alemaña) e BBC (Inglaterra).

Colaboracións con orquestras como a Schleswig- Holstein Festival Orchestra, a Orquestra da Radio Alemá do Suroeste (SWR), a Orquestra da Radio de Munich, a Filarmónica de Stuttgart, a Radio de Colonia ou a Orquestra Simón Bolívar enriquecen a maiores a súa experiencia.

Alba posúe unha ampla traxectoria discográfica, que inclúe a integral dos cuartetos de Franz Schubert ( Brilliant Classics-2016), a integral dos cuartetos de Max Bruch (Brilliant Classics2016) , a primeira gravación de dúas dos cuartetos de Friedrich Gernsheim (CPO- Maio 2019) e o sexteto de corda e quinteto con clarinete de Max Reger (CPO- Outubro 2019). Os seus próximos compromisos inclúen a gravación dos cuartetos de Robert Schumann e outras obras de cámara de Friedrich Gernsheim, ademais da súa aparición como solista coa Orquestra Sinfónica de Córdoba e a Orquestra de Cámara Galega. Estreará tamén en Taipeh varias obras de compositores taiwaneses nas que se combinan instrumentos de tradición oriental e occidental.

Licenciada polo Conservatorio Superior de Música do País Vasco e por Escola Superior de Música de Frankfurt am Main, Alba obtén en 2018 o Máster na especialidade de Só Viola na Escola Superior de Música da cidade de Colonia da man de Alexander Zemtsov.

SPYRPOS FAKIOLAS

Naceu en Corfú (Grecia), e actualmente vive en Galicia. Comezou as súas primeiras clases de música aos oito anos con Ilias Vasilatos na Banda Filarmónica Mantzaros, continuou os seus estudos con Spyros Mourikis e Dimitris Leotzakos no Conservatorio Philippos Nakas. Paralelamente aos seus estudos musicais graduouse no Departamento de Física da Aristotle Universidade de Tesalónica. No 2018, baixo a tutela do recoñecido clarinetista internacional Ronald Van Spaendonck, graduouse no Máster de interpretación solista no Real Conservatorio de Música-ARTS2 de Mons, Bélxica. Foi galardoado co 2º premio dos Conservatorios Municipais de Grecia (2011). Recibiu o 1º premio no Concurso Internacional de Música de Cámara Luigi Zanucolli no 2017. Recibiu masterclass de recoñecidos maestros e solistas internacionais como Alessandro Carbonare, Calogero Palermo, David Cambell. Foi membro da Orquestra Sinfónica Municipal de Tesalónika e a Orquesta Municipal de Atenas. Dende 2018 é membro da Orquestra de Cámara de Galicia, actuando de solista recentemente na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. No 2011 viaxou a Madrid para participar no European Clarinet Festival, realizando un ciclo de concertos no Museo Reina Sofía de Madrid. Anos despois, no 2014, foi invitado de novo ao Festival, esta vez en Assisi, Italia. No 2018 foi seleccionado para unha serie de concertos no KlaraFestival, Bruselas. Spyros é fundador e membro do grupo de cámara Orpheus Clarinet Quartet (Grecia), co que actúan en diferentes concursos internacionais e festivais europeos, ademáis de realizar concertos didácticos por diferentes escolas en Bélxica. Co Esjedon Duo, fundado en Bélxica no 2017 coa violonchelista Alba Reirís, realizan varios Festivais europeos cada ano, ademáis de concertos por toda Europa levando como selo a música das súas raíces, grega e galega, ademáis da música clásica e tamén compositores contemporáneos. O dúo lanzou este ano 2019 o seu primer traballo discográfico “Simbiosis”.