Esta fin de semana os tradicionais Maios saen á praza e as redes renden homenaxe a Carvalho Calero

                                                                                                              FOTO DE ARQUIVO

 

A concellería de Cultura quere lembrar a toda a cidadanía que estamos na época dos maios colocando en colaboración coa A.V. de San Mateo dous maios na Praza Bugallal. Será as 16 horas para que toda a veciñanza que saia a rúa poida contemplar a beleza natural desta arte .

Para prolongar esta tradición e deixarlla en herdanza aos e ás máis pequenas do noso concello, a concellaría que dirixe Fernando Groba tamén publicará no facebook “Cultura e Turismo Ponteareas” un vídeo sobre o proceso de realización dos maios.

Por outro lado, mañá dentro da programación das letras galegas, difundirase nesta mesma páxina den facebook un vídeo sobre Carvalhao Calero protagonizado polos maiores da Residencia Santa Ana e realizado polo persoal do centro.

Ademais, compartiranse os vídeos nos que a mocidade e alumnado dos institutos poñen voz ás verbas do escritor, ensaísta e estudoso Carvalho Calero, ao que este ano rende homenaxe o Día das Letras Galegas.Ao longo da vindeira semana nas redes iránse subindo todos os vídeos que a cidadanía enviou pondo voz ás obras de Carvalho Calero e todos aquelas gravacións que sigan chegando ao longo deste mes.