Esta fin de semana as e os amantes do motor poderán gozar dunha nova edición do Rally Sur do Condado

Esta fin de semana as e os amantes do motor poderán gozar dunha nova edición do Rally Sur do Condado

 

Quenta motores unha nova edición do Rally Sur do Condado, cita indispensable para as e os amantes do motor que se disputará os días 8, 9 e 10 de xullo e co que, como cada ano, colabora o Concello de Ponteareas. A XVI edición chega cun percorrido de case 300 quilómetros dos que gran parte corresponden a 6 treitos cronometrados.

 

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, que participou na presentación do rally en Salvaterra de Miño, convida a toda a veciñanza a desfrutar deste espectáculo deportivo que pasará en dous ocasións por Ponteareas ao longo do sábado 9 de xullo, ás 18.40 e ás 22.04 horas, segundo os horarios establecidos. Ademais prega precaución a todas e todos os espectadores asistentes para poder desfrutar deste deporte sen incidentes.

 

Toda a información sobre os tramos, coches e horarios pode atoparse na páxina web do XVI Rally Sur do Condado.

 

Esta fin de semana as e os amantes do motor poderán gozar dunha nova edición do Rally Sur do Condado