Espectáculo de maxia cómica en Ribadetea

Hoxe luns, 5 de outubro, terá lugar un espectáculo de maxia organizado pola Axencia de Lectura Municipal da parroquia ponteareá

Biblioteca-Municipal-5A Axencia de Lectura Municipal de Ribadetea é o lugar escollido para celebrar un espectáculo de maxia cómica pensado para todos os públicos e organizado pola Biblioteca Municipal.

A función dará comezo ás 18:00 horas. Dende a concellería de Cultura, xestionada por Hortensia Bautista, anímase a asistir a unha actividade enmarcada no programa “Ler Conta Moito”, promovido pola Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia.