A Escola Infantil estrea xoguetes e mobiliario

A Concellería de Benestar Social do concello de Ponteareas investíu tres mil euros na compra de xoguetes e mobiliario adaptado para a escola infantil ao abeiro das axudas para a inversión de infraestruturas e equipamento dependentes de corporacións locais da Consellería de Política Social cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operatio Feder Galicia (2014-2020).

Co obxectivo de renovar e incorporar novos xoguetes educativos que esperten a curiosidade e a creatividade dos máis pequenos e pequenas, a concellería de Servizos Sociais traballa en colaboración coas distintas administracións ofrecendo un servizo de maior calidade á comunidade educativa da escola infantil e velando polo axeitado crecemento dos cativos e cativas da escola infantil.

“Facer do seu paso pola escola infantil unha boa lembranza é un dos nosos obxectivos  porque temos a responsabilidade de ser o primeiro contacto que teñen as crianzas coas institucións do mundo educativo e sentar unha boa base, agradable e accesible é indispensable”, engade a Concelleira nacionalista Verónica Carrera.